FABRICACIÓN DUNHA IMPRESORA 3D – Samuel Bugarín 1ºPPFM

Hoxe temos que compartir convosco unha desas novas que nos gustan especialmente. Samuel Bugarín Rodríguez, alumno de 1º de PPFM, fixo unha impresora 3D nos nosos talleres. O seu profesor, Hugo Valdés, fíxolle esta interesante entrevista onde poderemos coñecer un pouco máis o desenvolvemento deste proxecto:

O alumno Samuel de 1º PPFM de grao superior acaba de rematar unha impresora 3D feita no noso cole e tamén con instrumetal mercado por el. Samuel é antigo alumno de grao medio de mecanizado. Fixo as fcts nunha empresa que colabora con nós e despois de estar traballando un tempo nela decidiu enrolarse outra vez no noso centro para cursar un grao superior. Vos deixamos aquí unhas cantas imaxes da impresora e lle imos facer unhas preguntas.

Ola Samuel, como te xurdiu a idea de desenvolver este proxecto?

  • Pois xuntaronse varias cousas; a necesidade de ter unha impresora 3D, a liberdade que me deu o colexio para facer o meu propio proxecto nas horas de taller, e o apoio dos profesores de taller.

Levaches acabo algún outro proxecto do estilo?

  • Cando cursaba o ciclo medio fixen unha fresadora CNC, que fixose unha ferramenta imprescidible na miña casa, e que ademáis, fixo moito traballo neste novo proxecto da impresora 3D.

Que foi o que máis che gustou deste proxecto?

  • Pois disfrutei de cada momento neste proxecto, tanto das cousas que saen de cara, como cando hai algun problema e toca darlle moitas voltas á cabeza. Ó principio resulta desmotivador, pero cando finalmente das ca solución, a recompensa e satisfaccion é moito maior.

Que características principais podes contarnos do deseño e construcción da túa impresora?

  • Penso que a característica principal da maquina é a estabilidade e rixidez que ten grazas a estar fabricada case na sua totalidade en aluminio.

Que foi o que máis complexo te pareceu ou o que máis te custou levar acabo?

  • A electrónica é o punto no que mais teño que pararme sempre, inda que desta vez penso que o deseño da máquina foi o mais importante e no que mais horas invertín, para que todo saíse mais rodado despois no taller.

Tes un valor aproximado do que che custou levar acabo esta impresora?

  • Eu levo sobre uns 350€ que foron gastados principalmente na electrónica.

Grazas Samuel polas túas respostas e por facernos partícipes dos teus logros e de desenvolver parte deles neste o noso Cole Hogar, que desta maneira aprendes ti e aprendemos todos.

nuria

Author: nuria

Compartir