VOLUNTARIOS PARA A GRAN RECOLLIDA DO BANCO DE ALIMENTOS

O próximo venres 1 e sábado 2 de decembro, dende o cole colaboramos co Banco de alimentos, na Gran recollida de Alimentos.

Hoxe visitounos o coordinador do Banco de Alimentos para presentar a súa labor e os detalles do traballo como voluntarios/as na Gran Recollida que organizan esta fin de semana.

A oferta de voluntariado consiste en apuntarse para facer unha quenda no supermercado que temos asignado, o Mercadona novo da rúa Pizarro, ao carón dun carro, informando e recollendo os alimentos cos que a xente colabora.

Na web do Banco de alimentos está toda a información. Se queres sumarte á sede que atendemos dende o cole, fala con Angela Landín


administrador

Author: administrador

Compartir