DON BOSCO 2021

E tras unha Semana Técnica trepidante, este venres rematamos cunha festa de Don Bosco, que a pesar das circunstancias actuais puidemos gozar a tope.

Comezamos con múltiples xogos na aula tanto on-line como clásicos e tras a tradicional degustación (aínda que este ano foi unha napolitana en lugar da famosa empanadilla) comezou o festival en honra a Don Bosco, que este ano foi en formato virtual.
Presentado de forma maxistral por Aarón Álvarez e Roberto C. Molares de 2º INSTEL, asistimos desde as pantallas das nosas aulas e talleres, a todo tipo de actuacións, vídeos e unha gran sorpresa final por parte dos profesores.
Distinto, si, pero misión cumprida con éxito!

 

nuria

Author: nuria

Share This Post On