Curso traballos en altura – SEGANOSA

Onte martes 20 de abril, un grupo de 8 alumnos de diferentes especialidades do Colegio Hogar Afundación (AUROIN, IEEAU, IMPGRAF e PREDIX), participou no curso de Traballos en Altura impartido pola empresa SEGANOSA no seu Centro de Formación de Salvaterra do Miño.

Cunha experiencia de máis de 30 anos, SEGANOSA é un referente na formación de profesionais e traballadores en xeral, abarcando ámbitos como a prevención de riscos laborais e emerxencias.
Durante toda a xornada formativa, aos nosos alumnos facilitóuselles os correspondente equipamentos de seguridade e todo o material de traballo necesario para levar a cabo as prácticas, co fin de obter o diploma acreditativo da formación (recoñecido en todo o sector industrial)

Esperamos que nun futuro próximo lle poidan sacar moito partido a todo o aprendido onte.

nuria

Author: nuria

Share This Post On