Ponse en marcha o proxecto Erasmus+ KA131-HED-000215470 dotado con unha subvención para 6 becas de mobilidade de alumnos de FP de grao superior, para a realización do módulo de FCT nunha empresa dun país da Unión Europea.
Os prazos de presentación de solicitudes son do 23 de Outubro ó 6 de novembro de 2024 na Oficina de Internacional.
Toda a información está dispoñible nesta web, na pestana de Internacionalización, e tamén se colocará unha copia no taboleiro de anuncios situado na entrada da Secretaría.
Os alumnos poden consultar calquera dúbida na oficina de Internacionalización, no horario indicado na porta da oficina.