CONVIVENCIA INICIAL CURSO 22-23

O pasado mércores tivemos a sorte de disfrutar dunha xornada diferente no Colegio Hogar. Unha xornada ademáis sen restriccións tras dous cursos estraños, e para celebralo por primeira vez unirónse os grupos de segundo á festa tras o recreo.

Os alumnos de primeiro curso de grado medio e grado superior, asistiron no teatro a unha proxección dun cortometraxe chamado Validation que emocionou a todos/as e que deu pe a ter interesantes dinámicas cos seus compañeiros e os seus titores, e deste xeito, coñecerse un pouco mais. Co estupendo día que fixo, este tempo de convivencia tivo lugar ao aire libre, nos patios do cole e no Pazo de San Roque.

Despóis do recreo comezou o tempo de xogos: futbol, front tenis, play, futbolines, xadrez… e unha trepidante Misión Imposible

E xa por último, e como novidade este ano, tivemos tempo para comer, ou picar algo, cos nosos compañeiros e profes.

E ademáis de todo isto, foi o día que despegou o Instagram do Colegio Hogar, así que xa sabedes, seguídenos para non perdervos nada do moito que facemos: @colegio_hogar

 

nuria

Author: nuria

Compartir