Convivencias de primeiro a Limens

O roteiro do Colexio Hogar a Limens permitiunos gozar do camiño a través da natureza e as súas magníficas praias de augas cristalinas e area branca e fina. Unha xornada perfecta e non simplemente por non ter clase, que tamén; senón pola convivencia, entre unha gran maioría de alumnos do colexio (174) que habitualmente nos cruzamos polos corredores e pouco máis, case sen saber que estamos no mesmo colexio e nin nos saudamos.

Onte, démonos un día durante este trimestre para convivir, relaxarnos, deixar de lado algún que outro problemilla, deleitarnos coa natureza e dunhas vistas da ría
espectaculares, tomar o sol para ir dando cor á nosa pel, pegarnos un pequeno mergullo que nos enche de satisfacción a pesar de estar a auga fría, tomar un refresco,
xogar a toques e demostrar as nosas pequenas habilidades, estar cos compañeiros compartindo o que temos e somos, xogar ás cartas aproveitando o tempo no barco, outros para esquecerse de que existe o móbil por un tempo, facer unha impresionante, máxica, inesperada e incrible foto de grupo onde ademais de mostrar a nosa beleza expresamos a nosa alegría e satisfacción por pasar unha fenomenal mañá.

Grazas a todos e todas pola xornada vivida, por recargar pilas para o resto do curso e por esa felicidade de regalámonos.

 

administrador

Author: administrador

Compartir