CONVIVENCIAS DE 1º GRAO SUPERIOR. PRAIA DE LIMENS

Hoxe, os alumnos de primeiro de grao superior, acompañados polos seus titores e por  algúns profesores, tiveron a súa xornada de convivencia. Nesta ocasión e acompañados por un día fermoso, foron ata a praia de Liméns.

O día comezou cunha andaina por Vigo ata chegar ao porto, onde colleron o barco que os levou ata Cangas e, dende alí, outra vez camiñando ata a praia de Liméns.

Puideron desfrutar dun fermoso paseo nunha contorna privilexiada. Resultou unha oportunidade única para compartir vida.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Share This Post On