CONVIVENCIAS 2º GRADO SUPERIOR

Non corras… onde tes que chegar é a tí mesmo.
Con esta idea de fondo, os alumnos, cunha pequena, pero importante presenza feminina, comezaban a convivencia no alto do Monte do Gozo. A primeira convivencia que 2º de G.S puideron gozar polas circunstancias excepcionais do Covid. E como se nota nos grupos a falta destes momentos nos que poder dedicarse tempo a uns mesmos e ao propio grupo. Tempo “perdido” que se converte en forte tronco no que sustentar un bo grupo que con diferenzas traballa e convive unidos.
Con esta intención de non devorar quilómetros, unha vez contemplada a catedral desde a distancia, dispuxémonos a continuar facendo camiño. Compartindo tempo con aqueles que, case sen sabelo, estudan no mesmo centro, e entre risas e historias compartidas, chegamos á nosa primeira parada. O centro Don Bosco abriunos as súas portas para poder dedicarnos ese tempo de reflexión persoal primeiro e logo grupal. Preguntarse acerca de quen son e cara a onde quero ir non adoita ser fácil nestes tempos líquidos e rápidos nos que nos movemos. Por iso, estes momentos valen o seu peso en ouro.
Antes da comida, non podiamos visitar Santiago sen coñecer un pouco máis a catedral e a súa contorna. Mediante un rastrexo fotográfico penetrámonos nas partes descoñecidas da catedral; coñecemos máis e mellor a súa historia e marabillámonos coa grandeza do altar maior e as súas cores orixinais. Unha pena foi non poder ver o botafumeiro en acción, pero… o tempo de convivencia non se termina nun día. Seguro haberá máis e mellores momentos para poder reunirnos e seguir crecendo como grupo.

 

nuria

Author: nuria

Share This Post On