Convivencias 1ºGrado Superior

Poucos quilómetros, pero moito camiño percorrido. Camiñar lento pero profundo, con tempo para falar, sen présas.
En apenas 5 quilómetros puidemos coñecernos, un pouco máis, interiormente e recoñecer os rostros daqueles cos que compartimos corredores.
Arrincamos desde a capela de San Marcos no Monto do Gozo. Tras unha pequena benvida, deixando claro que o que importa non son os quilómetros, senón o chegar ao profundo dun mesmo, puxémonos en camiño.
As divisións propias das clases fóronse diluíndo a cada paso e as pegadas que se ían deixando no camiño non se sabía se eran de AUROIN, de MANELE ou de PPFM… formouse un grupo diverso no que se puido coñecerse máis entre todos/as eles.
Unha vez chegados a Santiago, e despois dun tempo para un café rápido, como peregrinos, chegamos á praza do Obradoiro e ao contemplar a maxestuosa fachada, os pés cansos, recobraron o alivio.
Explicouse a Catedral, tanto por dentro como por fóra. Puidemos entrar pola Porta Santa, e baixar á Cripta…. o abrazo ao Apóstolo e o Pórtico da Gloria quedarán para outra ocasión.
Despois da comida regresamos a Vigo, ao Fogar, onde toca seguir convivindo e construíndo os lazos da fraternidade colexial.

nuria

Author: nuria

Compartir