Convivencias 1º Grado Medio

Ahh, que estes tamén son deste colexio? Foi a frase que máis se repetiu no día de onte, cando os alumnos/as de 1° de G. M saían desde Vigo cara a Santiago para ter o día de convivencia moi marcado por tres palabras: encontro, apertura e alegría.

Aínda que levamos todo o ano xuntos, este é o primeiro día no que todos os primeiros víronse as caras, esta vez xa sen máscaras nin barreiras de espazo.

Facer camiño xuntos, aínda que fosen apenas uns poucos quilómetros, foi un espazo propicio para poder coñecernos a nós, sen présas porque o coñecerse é algo que vai lento e dura toda a vida, e aos demais, os nosos compañeiros de camiño que son fortaleza e empuxe para seguir deixando pegada, pero sen necesidade de pisar forte. Non importa correr, nin dar grandes pasos, xa que o importante é chegar ao centro de tí mesmo.

Estes meses non axudaron a que os nosos alumnos/as puidesen abrirse ás demais clases, e recoñecer así, que non están sós no colexio e se a nosa escola é Fogar, é pola diversidade de «familias» que entre estas paredes danse cita, cada día, desde hai case 75 anos.

E a alegría, que nunca pode faltar nunha casa Salesiana. Moitos se sorprenderon do ben que o pasaron e descubriron que existe outra forma de diversión lonxe do móbil, o fútbol e tiktok, que brillaron pola súa ausencia en todo o día.

Fíxose curto o día!, comentaban algúns alumnos de IEEU, e é que cando se goza o tempo pasa voando. E é verdade que o día pasou como un bombón que ao empezar a degustalo xa se acaba. Queda na memoria a experiencia positiva que os axudará a poder seguir convivindo, de verdade, nas batallas cotiás.

nuria

Author: nuria

Compartir