CONTROL DA CALIDADE NAS INDUSTRIAS DE FABRICACIÓN MECÁNICA – SETEC XIV

Retomamos as crónicas da XIV SETEC lembrando o relatorio a cargo de Salvador Moreira, da empresa IBERCISA. Salvador é un Antigo Alumno, que leva practicamente toda a súa vida profesional vinculado á empresa IBERCISA, desempeñando varios traballos dentro de Departamento de Calidade desta empresa.

Nesta ocasión, por mor do COVID, non puidemos asistir todos os mecánicos no mesmo aula para escoitar a Salva, pero resolvemos o problema emitindo o relatorio a través do meet, de xeito que 2º PPFM, 2ºMEC A, 2º MECB e 2ºSOCA, cada grupo nun aula diferente, puideron ver e oír como Salva insistía na importancia de que a calidade forme parte no noso desempeño habitual na empresa. “Hai que facer as cousas ben, e facelas a primeira para abaratar custes” insistiu Salva unha e outra vez, porque “ese vai ser o noso selo que nos diferenciará dos nosos competidores”.

Salva tamén aproveitou para amosarnos diferentes non conformidades que se atopou na súa empresa, explicándomos as consecuencias que tiveron no proceso produtivo. Se dúbida, unha demostración práctica da importancia do Control de Calidade nas empresas.

Unha vez mais, Grazas Salva por compartir con nos a túa experiencia.

 

nuria

Author: nuria

Share This Post On