CONTINÚAN AS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

As xornadas de portas abertas están dirixidas a aquelas familias e estudantes que queiran coñecer en primeira persoa os talleres e a nosa oferta académica, así como poder resolver as posibles dúbidas do proceso de solicitude de praza.

Datas: 10 de maio (xa celebrada), 31 de maio e 7 de xuño

Hora: 19:00H

Constará de dous momentos: encontro co xefe de estudos para unha presentación dos ciclos do noso centro e resolución de dúbidas; Visita aos talleres por familias profesionais (Artes gráficas, Electricidade-Electrónica e Fabricación Mecánica)

Para máis información chamar ao centro en horario de mañá ou por correo electrónico: jefeestudios.chogar@afundacion.org

nuria

Author: nuria

Compartir