Comprensores de caudal variable. Ferramentas neumáticas. MACROINSA

Os alumnos de 2º de GM de Mecanizado e 2º GS de PPFM asistiron hoxe á charla formativa impartida por Dª. Laura Eiriz, da empresa MACROINSA S.L., dedicada á distribución de suministros industriais e especializada en sistemas de fixación e montaxe, así como deseño, instalación, posta en marcha e postventa de redes de aire comprimido e sistemas de montaxe e arranque de material con ferramentas industriais.

O relatorio comezou coa definición do concepto de Industria 4.0, consistente na introdución de tecnoloxías dixitais nas fábricas e nos procesos produtivos para facelos máis eficientes.

A continuación se trataron as vantaxes e desvantaxes dos compresores de caudal variable fronte aos compresores tradicionais todo/nada, propoñendo supostos prácticos nos que se vía a utilidade e selección dun tipo ou outro segundo a necesidade.

Tamén se falou sobre as diferencias entre as ferramentas eléctricas e neumáticas máis usuais, así como a conveniencia de escoller unhas ou outras en función da actividade a realizar e tamén da súa ergonomía. Propuxéronse ao mesmo tempo supostos prácticos relacionados con este tema.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir