COMEZAMOS O CURSO ABRINDO CAMIÑOS

Hoxe venres 9 e onte xoves 8, máis cedo que nunca, comezamos o novo curso 2022-2023 no Colegio Hogar Afundación.

Este setembro quixemos darvos unha acollida especialmente cálida tras uns anos complicados por mor da Covid. Co teatro cheo até os topes, e con música animada, o director do centro, José Rodríguez, deuvos a benvida coas súas palabras e cun fantástico vídeo realizado pola profesora de artes gráficas Nerea Salgado (podedes velo de novo un pouco máis abaixo).

A continuación, o xefe de estudos, Ángel Abalde, acompañado no escenario por tódolos titores, transmitiu as indicacións precisas para que este curso sexa todo un éxito.

A moitos xa vos coñecemos do ano pasado e temos moitas ganas de acompañarvos no voso último ano.

Ó resto, e dicir, a tódolos alumnos que pisastes onte por primeira vez as nosas aulas e talleres, estamos desexando coñeceros nesta nova e apaixoante etapa.

Feliz curso 2022- 2023

 

nuria

Author: nuria

Share This Post On