Colegio Hogar Afundación recibe o galardón de Vigués Distinguido

Estamos de parabén, estamos felices.

Onte, o Colegio Hogar Afundación recolleu, en mans de Pepe, o noso director, o prestixioso Galardón de Vigués Distinguido pola súa longa traxectoria formando a mozos nesta cidade.

A Orquestra Clásica de Vigo abría unha emocionante gala, na que se premiou a cultura, a ciencia e o asociacionismo. Marta Skyba, responsable de AGA-Ucraína en Vigo, foi a encargada de ler o bando inaugural e render unha particular homenaxe ao seu pobo, “que, igual que fixo Vigo na Reconquista contra os franceses, loita nas súas propias terras pola súa liberdade”.

O alcalde, Abel Caballero, entregou un total de once galardoes ao longo da gala, na que interviñeron cada un dos premiados en vídeos de agradecemento que foron proxectados nunha pantalla xigante colocada sobre o escenario. O evento, conducido pola xornalista Paula Montes, recoñeceu o papel de todos os vigueses premiados.
Pola súa banda, o cronista Ceferino de Blas leu o bando no que se outorgaba a Medalla de Ouro da Cidade a Isabel Pardo de Beira, secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Hoxe Pepe foi ensinando o galardón polas aulas do colexio porque este é un premio de todas e todos: Congregación salesiana, Afundación, profesores e persoal non docente e por suposto dos verdadeiros protagonistas de todo esta andaina: vós, os nosos alumnos/as.

Noraboa e a seguir traballando arreo.

nuria

Author: nuria

Share This Post On