CHARLA SOBRE DIETA SAUDABLE

O pasado venres os alumnos e alumnas de artes gráficas tiveron a sorte de asistir a unha charla sobre dietas saudable impartida por María Teresa Rei Barbosa, dietista, nutricionista e enfermeira do Servizo Galego de Saúde da Área Sanitaria de Vigo a quen lle acompañaba Uxía, alumna en prácticas.
Explicáronnos como a clave para unha boa alimentación non é facer dieta, senón adquirir uns hábitos saudables. Tamén nos ensinaron a diferenciar os alimentos de verdade dos produtos alimenticios, a importancia do exercicio físico e como debe ser o aspecto dun prato equilibrado.
Tentaremos seguir todos os seus consellos, moitas grazas!

nuria

Author: nuria

Compartir