CELEBRAMOS O MAGOSTO

O pasado venres celebramos o magosto como vén sendo habitual nestas datas. O tempo deunos unha pequena tregua e puidemos facelo no patio. Os alumnos en HPS picaron as castañas e fixeron os paquetes con periódicos. De preparalas ocupáronse Hugo e Francisco Miguel, e como non podía ser menos, lles poñemos un dez.  Tamen agradecemos a o grupo de alumnos que con Ojea ambientaron e deron ritmo a festa coas gaitas e pandeiretas. Pasámolo moi ben compartindo castañas e conversación.

 

 

Ángela

Author: Ángela

Share This Post On