Celebración da Festa de María Auxiliadora

O pasado 24 de maio, o noso colexio celebrou a festa en honra a María Auxiliadora.

Deseñada e pilotada polo departamento de Artes Gráficas montouse a xa tradicional alfombra de serrín e sal. O resultado foi unha obra de arte chea de cores e simbolismo, que adornou o noso patio durante todo o día.

Ao comezar a mañá, reunímonos para a Eucaristía, un momento de reflexión e agradecemento no que renovamos o noso compromiso cos valores que María Auxiliadora representa.

O resto da mañá estivo cheo de diversión e compañeirismo cunha variedade de xogos e actividades. Organizamos unha xincana que desafiou a nosa axilidade e traballo en equipo, partidos de fútbol, jugger, futbolín, tenis de mesa…, que permitiron aos estudantes mostrar as súas habilidades deportivas e gozar da sa competencia. Ademais, ofrecemos un taller de grafiti, onde os participantes puideron expresarse artisticamente e aprender técnicas desta forma de arte.

O clima tamén se uniu á celebración cun sol radiante que iluminou cada recuncho do colexio, facendo desta xornada un día perfecto para estar ao aire libre.

Agradecemos a todos os que participaron e contribuíron a facer desta festa un evento memorable. A Festa de María Auxiliadora é unha tradición que nos une e lémbranos a importancia da fe, o traballo en equipo e a alegría de estar xuntos. Esperamos con entusiasmo a próxima celebración!

 

 

 

administrador

Author: administrador

Compartir