THE POWER OF THE TRIANGLE RELOADED (parte final)
Tweet Os dous últimos días de The Power of the Triangle foron moi divertidos. Realizamos diferentes talleres no colexio. Un taller de Robótica onde os nosos alumnos de Auroin explicáronlle os primeiros pasos da programación de robots aos nosos socios. Un taller de impresión de camisetas onde puideron facer os nosos amigos a súa propia camiseta grazas aos alumnos de Impresión que lles ensinaron como facelo. Imprimiron uns logos...
THE POWER OF THE TRIANGLE RELOADED (segunda parte)
Tweet Continuamos coas aventuras do The Power of the Triangle. O xoves 5 de outubro, pola tarde fomos a dar un paseo en barco pola ría co que nos obsequiaron desde o Concello de Vigo. Foi unha experiencia moi interesante xa que puidemos ver os fondos mariños e explicáronnos moitas curiosidades da ría de Vigo. O venres 6 fomos ás Illas Cíes. Comezamos co paseo en barco, fixemos un roteiro ata os faros e pola tarde despois de comer...
THE POWER OF THE TRIANGLE RELOADED (primeira parte)
Tweet Este curso volvemos gozar do proxecto Europeo The Power of the Triangle cos nosos socios do colexio Fillas de María Inmaculada de Vigo e do instituto alemán de Dreieich, Max-Eyth-Schule. Levamos catro días coñecéndonos e gozando das actividades programadas. O domingo 1 de outubro chegaron o alumnado e os profesores participantes alemáns e fómolos a recibir a Vialia. O luns, recibímolos no colexio e despois dun vídeo de benvida e...
THE POWER OF THE TRIANGLE – DESPEDIDA
Tweet Deixámosvos coas palabras da profesora María José, Coordinadora de Internacionalización do Colegio Hogar. Bos días a todos: Despois destas dúas semanas de trafego coa visita dos alumnos alemáns, desde o Equipo de internacionalización queremos agradecervos a vosa colaboración no desenvolvemento de todas as actividades. Somos conscientes de que hai cousas que mellorar, para futuras experiencias, e tomaremos boa nota de todas as...
THE POWER OF THE TRIANGLE – CONSTRUCCIÓN DA DOMO
Tweet E tras unha intensa semana de actividades chegou o día máis agardado, aquel no que íamos demostrar o verdadeiro “poder do triángulo”. Como unha imaxe vale máis que mil palabras, aí van unhas cantas fotos e vídeos para demostralo. Non deixedes de ver os time lapse que mostran a construción do domo! Pages: 1 2 3...
THE POWER OF THE TRIANGLE – TALLER DE SOLDADURA
Tweet O martes 18 os alumnos e alumnas alemáns tiveron unha MasterClass sobre soldadura no taller de Construcións Metálicas do Colegio Hogar. A formación foi práctica e consistiu en que cada un dos alumnos bávaros acompañados en cada unha das 16 cabinas por un alumno do ciclo de Soldadura-Calderería do Colegio Hogar realizaban soldaduras técnicas en diferentes posicións. Os procedementos utilizados foron: SMAW, Mig-Mag, FCAW e corte...