CANILLITAS  «soñar sen cadeas»
oct17

CANILLITAS «soñar sen cadeas»

O luns 16 de outubro tivemos a proxección do documental Canillitas para todo o alumnado do colexio en dúas sesións. Puidemos contar coa presenza de tres protagonistas do documental: Karen Montás, Juan Linares e Moisés que nos relataron en primeira persoa en que consiste o proxecto. ‘Canillitas’ e un documental sobre os menores que traballan no mundo e que soñan con recuperar a súa infancia. ‘Canillitas’, que tamén é como se coñece aos...

Mas info
THE POWER OF THE TRIANGLE RELOADED (parte final)
oct13

THE POWER OF THE TRIANGLE RELOADED (parte final)

Os dous últimos días de The Power of the Triangle foron moi divertidos. Realizamos diferentes talleres no colexio. Un taller de Robótica onde os nosos alumnos de Auroin explicáronlle os primeiros pasos da programación de robots aos nosos socios. Un taller de impresión de camisetas onde puideron facer os nosos amigos a súa propia camiseta grazas aos alumnos de Impresión que lles ensinaron como facelo. Imprimiron uns logos marabillosos...

Mas info
THE POWER OF THE TRIANGLE RELOADED (segunda parte)
oct12

THE POWER OF THE TRIANGLE RELOADED (segunda parte)

Continuamos coas aventuras do The Power of the Triangle. O xoves 5 de outubro, pola tarde fomos a dar un paseo en barco pola ría co que nos obsequiaron desde o Concello de Vigo. Foi unha experiencia moi interesante xa que puidemos ver os fondos mariños e explicáronnos moitas curiosidades da ría de Vigo. O venres 6 fomos ás Illas Cíes. Comezamos co paseo en barco, fixemos un roteiro ata os faros e pola tarde despois de comer bañámonos...

Mas info
THE POWER OF THE TRIANGLE RELOADED (primeira parte)
oct08

THE POWER OF THE TRIANGLE RELOADED (primeira parte)

Este curso volvemos gozar do proxecto Europeo The Power of the Triangle cos nosos socios do colexio Fillas de María Inmaculada de Vigo e do instituto alemán de Dreieich, Max-Eyth-Schule. Levamos catro días coñecéndonos e gozando das actividades programadas. O domingo 1 de outubro chegaron o alumnado e os profesores participantes alemáns e fómolos a recibir a Vialia. O luns, recibímolos no colexio e despois dun vídeo de benvida e unhas...

Mas info
V SEMANA DE PREVENCIÓN
oct02

V SEMANA DE PREVENCIÓN

Esta semana no Colexio Hogar Afundación estamos na V SEMANA DE PREVENCIÓN co fin de potenciar a Cultura Preventiva nas carreiras profesionais dos nosos alumnos que serán os técnicos do mañá. Desde o colexio somos conscientes da gran importancia que hoxe en día a prevención ten no mundo laboral, pois actualmente non só se aprecia a técnica, coñecementos e actitudes de cada unha dos nosos profesionais senón a garantía do benestar...

Mas info
CHARLA SOBRE DIETA SAUDABLE
may22

CHARLA SOBRE DIETA SAUDABLE

O pasado venres os alumnos e alumnas de artes gráficas tiveron a sorte de asistir a unha charla sobre dietas saudable impartida por María Teresa Rei Barbosa, dietista, nutricionista e enfermeira do Servizo Galego de Saúde da Área Sanitaria de Vigo a quen lle acompañaba Uxía, alumna en prácticas. Explicáronnos como a clave para unha boa alimentación non é facer dieta, senón adquirir uns hábitos saudables. Tamén nos ensinaron a...

Mas info