Reunión informativa sobre programa Erasmus
O pasado 7 de maio fixemos unha reunión informativa con alumnos de 1º curso sobre o programa Erasmus+ no noso colexio. Aínda que a asistencia á reunión era voluntaria, asistiron mais de 90 alumnos. Os temas tratados foron os seguintes: a ofertas de pazas dispoñibles para o vindeiro curso, tanto para alumnos de grao medio coma superior, seis en cada caso, os posibles destinos (Alemaña, Italia, Portugal, Francia), o calendario da...
Visita preparatoria a Génova do programa Erasmus+
Durante a nosa visita a Génova como parte do programa Erasmus+, tivemos a oportunidade de explorar diversas empresas locais e mergullarnos na súa dinámica contorna empresarial. Puidemos coñecer de primeira man as súas operacións, culturas corporativas e prácticas comerciais. Esta experiencia proporcionounos unha perspectiva única sobre a industria local, así como oportunidades de aprendizaxe e colaboración que enriquecerán o noso...
Os Primeiros Alumnos do Colexio Hogar en Experiencia Erasmus
Estas fotos van formar parte da nosa historia. Estes son os primeiros alumnos e alumnas do colexio Hogar Afundacion que van facer a FCT co programa Erasmus+. Anxo, Pablo, Noe e Jaime vanse a Frankfurt. Noelia, Anabel e Jorge van ter o seu FCT en Xénova. Desexámoslles moita felicidade nesta nova etapa....
EXPLORANDO OPORTUNIDADES E CULTURAS: VISITA PREPARATORIA ERASMUS A FRANKFURT
No marco do enriquecedor programa Erasmus, as profesoras Ángela e María José lideraron en decembro unha visita preparatoria a Frankfurt, Alemaña. Esta emocionante aventura levounos a mergullarnos na vibrante cultura alemá e fortalecer os lazos de colaboración co instituto Max-Eyth-Schule de Dreieich, unha alianza que floreceu durante os dous últimos anos. Durante a nosa estancia, tivemos a oportunidade de explorar as instalacións do...
CONVOCATORIA DE SESIÓN INFORMATIVA ERASMUS+
Ponse en marcha o proxecto Erasmus+ KA 122 VET dotado con unha subvención para 6 becas de mobilidade de alumnos de FP de grao medio, para a realización de prácticas nunha empresa dun país da Unión Europea. Os prazos de presentación de solicitudes son do 10 ó 31 de Outubro de 2023 na Oficina de Internacional. Convocamos unha reunión para informar e aclarar dúbidas sobre a convocatoria de Mobilidades Erasmus+ para o curso 2023/2024....
THE POWER OF THE TRIANGLE RELOADED (parte final)
Os dous últimos días de The Power of the Triangle foron moi divertidos. Realizamos diferentes talleres no colexio. Un taller de Robótica onde os nosos alumnos de Auroin explicáronlle os primeiros pasos da programación de robots aos nosos socios. Un taller de impresión de camisetas onde puideron facer os nosos amigos a súa propia camiseta grazas aos alumnos de Impresión que lles ensinaron como facelo. Imprimiron uns logos marabillosos...