VOLUNTARIOS EN CORUXO
Afundación, como entidade de acción voluntaria rexistrada, programa actividades de voluntariado para os profesionais de Afundación e de ABANCA que desexan compartir o seu tempo libre contribuíndo a unha causa maior. e apoiando os obxectivos da Axenda 2030 do Desenvolvemento Sustentable impulsada pola ONU. Neste sentido, ponse en marcha iniciativas encamiñadas a promover a sustentabilidade como motor do cambio cara a un mundo máis...
CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE
Desde onte, xa temos en marcha a primeira das actividades de solidariedade que faremos no Colegio Hogar Afundación durante este ano. Hoxe mércores e mañá xoves, a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia tamén estará aparcada diante do noso centro para facilitar as doazóns a todos aqueles alumnos que desexen colaborar nesta causa. Doar sangue é doar vida. O principal requisito para ser doante de sangue é querer realizar este...
GRAN RECOLLIDA BANCO DE ALIMENTOS
Un ano máis, desde o banco de alimentos, pedíronnos alumnos/as voluntarios para estar no Lidl da Avda de Madrid o venres 19 e o sábado 20. A pesar de ser horarios difíciles de regalar, moitos mozos do colexio sumáronse a este labor de voluntariado e de xenerosidade para axudar ás persoas máis necesitadas. Os alumnos/as voluntarios foron: Adán, Nacho e Goran de 2º de Manele Joel e Miriam de 2º de Ieeau Hodei e Aroa de 1º de Imprgraf...
BANCO DE ALIMENTOS
Aínda queda esperanza na bondade das persoas, podería ser un bo resumo do que Iván Martínez, presidente do Banco de Alimentos de Vigo, transmitiunos o pasado xoves no Colegio Hogar Afundación. Non quixo facer unha memoria chea de datos, senón que transmitiu de corazón aquilo que tantos voluntarios/as viven semanalmente e reforzouno con algúns datos necesarios para axudarnos a entender cantas familias, algunhas próximas a nós,...
Proxecto solidario: BIG BAGs
Un total de 10 alumnos de segundo e 5 de primeiro de Soldadura e Cadeirería, xunto cos seus profesores, acaban de entregar á delegación local de Cáritas cinco unidades de almacenamento móbil de roupa, chamadas BIG-BAGs. A entidade social necesitaba poder contar con elementos que facilitasen a clasificación e a entrega deste material a todas as familias solicitantes, coidando, ao mesmo tempo, a saúde das persoas voluntarias que se...