Time Lapse da alfombra de María Auxiliadora
Tweet O pasado luns 23, como xa puidestes ver na noticia desta web, realizamos, tras 2 anos de parón, a alfombra en honra a María Auxiladora. Traémosvos hoxe un time-lapse que recolle a elaboración da mesma de principio a fin. Como poderedes ver o traballo levou o seu tempo, pero con dedicación e moito agarimo conseguiuse transformar o deseño creado por Aitana de 1ºIMPGRAF nunha fabulosa alfombra chea de cor. Agradecemos ao profesor...
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Tweet Como explica Víctor F. Freixanes (Presidente da Real Academia Galega) na web: “as Letras Galegas deste ano 2022 van dedicadas á figura e a obra de Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo de Valdeorras, 1903 – Fair Oaks, California, 1987). A súa biografía, como sucedeu con outros autores recentes (Antonio Fraguas, Ricardo Carvalho Calero), percorre practicamente todo o galeguismo do pasado século XX, con experiencias...
Galardón “Vigués Distinguido”
Tweet Queremos compartir con todos vós, o galardón de “Vigués Distinguido” que nos concedeu a Corporación Municipal de Vigo. Moitos xa o vistes “en directo” porque o noso director Pepe, o foi mostrando polas clases, pero como unha parte fundamental deste galardón é voso, dos alumnos e alumnas, quixemos facerlle unha foto con calidade (agradecémosllo ao profesor Lomba) para que poidades conservala. Podedes...
Plastic Omnium recibe ás nosas alumnas
Tweet O pasado martes 22 de marzo, as alumnas do 1º de Preimpresión Dixital, realizamos unha visita á fábrica Plastic Omnium. Tivemos a oportunidade de coñecer un sector diferente e explorar distintas posibilidades para o noso futuro! Agradecémoslle á empresa o ben que nos trataron, grazas! ...
Colegio Hogar Afundación recibe o galardón de Vigués Distinguido
Tweet Estamos de parabén, estamos felices. Onte, o Colegio Hogar Afundación recolleu, en mans de Pepe, o noso director, o prestixioso Galardón de Vigués Distinguido pola súa longa traxectoria formando a mozos nesta cidade. A Orquestra Clásica de Vigo abría unha emocionante gala, na que se premiou a cultura, a ciencia e o asociacionismo. Marta Skyba, responsable de AGA-Ucraína en Vigo, foi a encargada de ler o bando inaugural e render...
XV SETEC – «Ilusionados polo futuro, apaixonados pola vida»
Tweet Co lema «Ilusionados polo futuro, apaixonados pola vida», comenzamos hoxe a XV SETEC na que contamos ca participación de profesionais de 30 empresas de toda España, co obxectivo de poñer aos alumnos/as en contacto coa realidade laboral. O programa desenvolverase nesta edición en combinación de encontros presenciais e online. Reparación de dispositivos electrónicos, futuro das renovables e peaxes no sistema enerxético español,...