CANILLITAS «soñar sen cadeas»

O luns 16 de outubro tivemos a proxección do documental Canillitas para todo o alumnado do colexio en dúas sesións. Puidemos contar coa presenza de tres protagonistas do documental: Karen Montás, Juan Linares e Moisés que nos relataron en primeira persoa en que consiste o proxecto.

‘Canillitas’ e un documental sobre os menores que traballan no mundo e que soñan con recuperar a súa infancia. ‘Canillitas’, que tamén é como se coñece aos menores que traballan en moitos países de América porque moven os seus canillas (pernas) é o novo documental de Misiones Salesianas, que aborda esta realidade e como os misioneiros salesianos enfróntanse a ela en República Dominicana.

Moisés, Cristóbal, Edwin, Aquiles, Kioranny e Abril son seis menores que proceden de familias desestructuras e viven en barrios pobres e perigosos de Santo Domingo, en República Dominicana. Traballan limpando zapatos, vendendo froita, limpando casas, coidando bebés e lavando coches… “fano para axudar ás súas familias, que son pobres, non son conscientes de que os seus dereitos como menores están a ser vulnerados”, explica Karen Montás, directora do programa salesiano Canillitas con Don Bosco.

En decembro cumpriranse 38 anos desde que o misioneiro salesiano Juan Linares tivo a idea de dedicar un programa aos nenos en situación de rúa que se dedicaban a traballar. Así naceu en República Dominicana o programa Canillitas con Don Bosco. “Achegámonos a estes menores para gañarnos a súa confianza con xogos e actividades de lecer, despois preocupabámonos pola súa familia, por se ían á escola e, finalmente, ofreciámoslles a posibilidade de estudar ou de aprender un oficio para que deixasen de traballar”, lembra o salesiano.

Canillitas, por tanto, pretende ser un exemplo esperanzador de que é posible acabar coa secuela do traballo infantil no mundo e ofrecer educación de calidade e oportunidades aos menores que se atopan explotados na actualidade.

Podes ver o documental na seguinte ligazón.

 

Ángela

Author: Ángela

Share This Post On