Bocadillo solidario. CAMPAÑA DE MANS UNIDAS

Dentro da Campaña de Mans Unidas, celebramos hoxe o día do Xaxún Voluntario, no que substituímos unha comida ordinaria por outra máis sinxela e económica: un bocadillo e unha bebida, por valor de 3€, que compartimos a partir das 13:30 no Salón Social.

Co xesto do xaxún, queremos recordar a existencia de moitas persoas que viven en situación de pobreza e exclusión que ten moitas dificultades para facer unha única comida ao día.
Cerca de 200 alumnos foron quen de sensibilizarse con este xesto, compartindo comida e tempo de lecer, coa esperanza de que outro mundo mais solidario é posible.

 

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Share This Post On