AVANZANDO NO PROXECTO DE ROBÓTICA COLABORATIVA

Continuamos avanzando na execución do proxecto de innovación “Laboratorio remoto 5G para Robótica Colaborativa”, no que estamos inmersos. Unha vez que xa temos asentada a parte de robótica, cos dous robots colaborativos xa montados e operativos, tócanos agora avanzar na parte de conexión remota.

O martes 15 e mércores 16, en Bilbao, volvémonos xuntar, os centros educativos e a empresa que formamos o proxecto, para adquirir o coñecemento necesario para implementar a infraestrutura de rede e telecomunicacións que aplicaremos ao proxecto.

O encontro, no que participou Pepe, foi moi interesante e cumpriu co obxectivo de formarnos na infraestrutura de rede necesaria para que os robots estean accesibles remotamente para poder manexalos, configuralos ou programalos. Desta forma, será posible establecer conexións seguras entre os equipos e a nube, así como xestionalos, xerar certificados, e acceder a calquera deles remotamente de forma sinxela e segura.

 

nuria

Author: nuria

Share This Post On