Estamos moi contentos porque o proxecto de innovación “”Laboratorio remoto 5G para robótica colaborativa” no que participamos vai avanzando a moi bo ritmo.
A finalidade deste proxecto é conseguir realizar un laboratorio remoto con robots, aos que os alumnos poderán conectarse desde as súas casas e visualizar ou cambiar parámetros na maqueta onde estea a operar o robot.
En toda esta aventura, que terminará en marzo do 2023, estamos involucrados con outros tres centros formativos, o CIFP Nicolás Larburu LHII, Laudioalde Lanbide Eskola Pais Vasco (ambas do Pais Vasco) e o Institut de Badia do Vallès (Badia do Vallès, Cataluña). E por suposto imos da man da empresa Kolbi Electrónica tamén do Pais Vasco.
Como parte do proxecto, fai un par de semanas, dous dos nosos profesores integrantes do proxecto, Rubén Freiría e David Portela, asistiron a un curso de formación de UR en Barcelona.
Pero o mellor de todo é que xa estamos a traballar cos robots no cole. Integrámolos nunhas maquetas para realizar probas e sorprendeunos a facilidade de programación e manexo.
Deixámosvos cunhas fotos e seguirémosvos informando de todos os nosos avances.