Hoxe deixounos un compañeiro e amigo, José María Núñez, coñecido por todos como Chema.
O que o cancro e a leucemia non foron capaces de vencer, levouno a Covid-19.
Traballador incansable, eléctrico, electrónico, profesor e maestro (o “Jefe” para moitos), alma do queridísimo Belén do Colexio, artesán, fabricante de instrumentos e de todo tipo de artefactos (mesmo explosivos), asador de castañas, humorista, fotógrafo e retratista das orlas de alumnos e do Club Colegio Hogar SR, mago, xardineiro, catequista, salesiano, animador e ante todo, unha moi moi boa persoa.
Anos e tempos de demasiadas despedidas no Colegio Hogar Afundación.
Moitas grazas, Chema, por todo o que fuches e todo o que deches!