Así foi o Domund no Colegio Hogar

Durante a semana pasada leváronse a cabo diferentes iniciativas para desenvolver a campaña do Domund. Ademáis da ambientación das carteleiras e pasillos a que nos ten acostumados Eduardo, este ano o equipo de pastoral innovou con mercadillo misioneiro no que se vendían libros técnicos.

Pero unha das actividades que ano tras ano vai collendo máis forza e a degustación de dulces e pinchos variados no recreo, que consegue facer felices ós nosos estómagos (quedará no noso paladar o regusto dos dulces de Malga, a tortilla de Ojea e a tarta de Noelia) á vez que colaboramos cas nosas aportacións.

E para rematar, a profesora Beatriz compartiu a súa experiencia como voluntaria en Etiopía cos alumnos de 1º curso.

nuria

Author: nuria

Share This Post On