As nosas costureiras

Rosi, Vanesa, Merche, Susana, Ana, María, Amaya, Jacqueline, Mª Rosa, Susana, Carmen, Lore, María Dolores, Antía, Iris, Silvia, Teté, Maribel, Sheila, María, Carmen, Rosana, Patricia, Rogelia, Rosa, Alba, Asun, Beatriz, Carmen, Marosa, Conchi, Ana, Cris, Débora, Antía, Elena, Fita, Gini, Inés, Amaia, Laura, Liliana, María J., Maribel, Alba, Marta, Ana, Mónica, Montse…

todas elas son as nosas costureiras. Unha rede de máis de 40 mulleres de Vigo e arredores, de todas as idades e profesións, que desde as súas casas e coa máquina de coser a mil, convertéronse nun exemplo a seguir por todos. Son o noso incansable exército, unido pola mellor das causas. A día de hoxe xa coseron máis de 15000 mascarillas pero como ben cantan nunha estupenda versión de Resistirei, «mientras este virus sea fuerte y los sanitarios piden más, mientras no ganemos la partida, Mascarillas Team a trabajar».
E non só cosen e cantan, se non que nese grupo de WhatsApp «Mascarillas Team», tamén se comparten dúbidas, axúdanse con problemas das máquinas, anímanse cando algún familiar esta enfermo ou mesmo cando, por desgraza hai algunha perda…
Como dicía antes son un exemplo de traballo en equipo, de que o importante para que calquera proxecto salga adiante son exclusivamente as ganas. E todo isto non sería posible sen Iván e Montse, voluntarios que reparten as teas que cortamos na Cociña Gráfica, achegándoas aos seus domicilios e logo recollendo as máscaras terminadas.
Non nos coñecemos en persoa, pero o agarimo que se creou entre todos é real, e estamos a desexar poder darnos todos eses abrazos e bicos que nos debemos.

nuria

Author: nuria

Compartir