ANTÍA MONTES 1ºPREDIX, gañadora do concurso XEROX

Temos unha estupenda noticia que queremos compartir con todos vós. Este ano, por primeira vez participamos os alumnos de artes gráficas no Concurso de Deseño de Xerox Adaptative CMYK Plus.
Case 20 participantes entre alumnos de impresión e preimpresión, inscribíronse neste concurso no que deberían deseñar un produto gráfico baixo a tecnoloxía CMYK + de Xerox, que permite a impresión de cores flúor, metalizados e brillo.
As propostas foron dos máis diverso e creativo: flyers, posters, entradas de concerto, portadas de CD, packaging, baralla de naipes…
Neste concurso tamén participaron alumnos doutros centros con FP de Artes Gráficas: Salesianos de Atocha, Sarriá, Pamplona, Urnieta e tamén o Colegio Tajamar. Poder ver as súas fantásticas propostas foi moi enriquecedor.
O Xurado destacou a creatividade dos traballos do noso centro e decidiu conceder o premio a Antía Montes Fernández, de 1ºPREDIX. A súa proposta consistía nunha portada de revista, cunha composición que incluía unha ilustración da propia Antía combinada con elementos nas cores especiais que se poden aplicar grazas á tecnoloxía de Xerox.
O fallo do xurado levouse a cabo a través de videoconferencia conectando con todos os centros participantes, o que nos permitiu coñecer os outros deseños gañadores.
O noso Director e o noso Xefe de Estudos foron os encargados de entregarlle o premio a Antía, unha magnífica impresora Xerox Phaser 6510V_DNI.
Tras a estupenda experiencia deste ano, repetiremos sen dúbida o curso que vén.
Parabéns a Antía e a todos os participantes.

 

nuria

Author: nuria

Compartir