Alfombra María Auxiliadora 2022

Un ano mais, fieis a nosa tradición, o 23 pola tarde, e tras dous anos de parón, comezamos a elaborar a alfombra diante da fachada do colexio, na honra de María Auxiliadora.

Tíñamos moitas ganas, estos últimos cursos botouse moito en falta esta actividade, e o luns quitamos a espiniña e desfrutamos a esgalla. Este ano contamos coa axuda de salesianos, alumnos/as, profesores/as e moitos nenos e nenas, que cun coidado exquisito, foron elaborando cada un dos detalles da alfombra e fixeron posible que remataramos ben cedo.

Houbo momentos para o recordo, como a tensión da colocación da plantilla das letras, que finalmente funcionou á perfección, provocando o aplauso dos presentes.

Temos que agradecer o seu traballo a todo o departamento de Artes Gráficas. Mestres e alumnos, fixeron o deseño e a preparación dos materiais que se empregaron na súa confección. Coordinaron tamén ao resto de mestres e alumnos que alí estiveron para facer esta obra de arte sobre o chan.

Deixámosvos unha colección de fotos e en breve subiremos un time-lapse da elaboración.

Parabéns para todos os que participaron nesta actividade colexial!

 

nuria

Author: nuria

Compartir