Adianto información inicio do curso 2020/2021

Un saúdo afectuoso de parte de toda a comunidade educativa do Colexio Hogar Afundación.

Somos conscientes da vosa preocupación por como será o comezo do curso. Afrontamos un inicio de curso no que as nosas preocupacións non son as habituais. Á ilusión e o desexo de cumprir coa nosa misión como educadores únese a falta de certezas no que poderemos facer, desenvolver e garantir.

A publicación definitiva do Protocolo COVID, por parte da Consellería de Educación, xa nos vai marcando un camiño, polo que estamos a traballar para que a volta sexa o máis segura posible para todos os que formamos a comunidade educativa, da que xa formades parte, pero aínda hai moitas dúbidas que resolver coas instancias educativas.

O inicio do curso, sempre que non haxa cambios que impidan este inicio programado, será nas datas marcadas pola Consellería de Educación:

- 16 de setembro para o alumnado de primero de ciclos medios e superiores

- 17 de setembro para o alumnado de segundo de ciclos medios e superiores

Deben estar atentos ás posibles modificacións que vaian xurdindo a medida que nos acheguemos a estas datas de inicio. Actualizaremos esta información a medida que xurdan cambios, así como a publicación das horas concretas nas que se deben presentar cada un dos cursos.

pepe

Author: pepe

Share This Post On