ACTO DE GRADUACIÓN

O Colegio Hogar Afundación celebrou o martes a cerimonia de graduación dos alumnos que remataron os seus estudos. Nesta ocasión, e debido a pandemia que impediu a celebración no xuño pasado, acudiron os alumnos que remataron nos dous últimos cursos e tamén o alumnado que fará a FCT neste setembro. É dicir, máis de 400 alumnos que pasan a formar parte da gran familia de antigos alumnos do Colegio.

O acto, estupendamente conducido por David Álvarez (“o profe de HPS”), dividiuse en dúas partes para respetar o aforo do teatro, e xunto co diploma tamén entregouse o noso novo pin, deseño de Fernando J. González Fernández, alumno de 2ºPREDIX.

Ademáis do Director, Xefe de Estudos e o Coordinador de FCT, a cerimonia contou coa presenza de Dª. Carlota Sánchez Montaña, en representación de Afundación, quen lles desexou aos novos titulados e de xeito moi agarimoso, moita sorte nesta nova etapa que agora comezan.

Tamén os alumnos Aarón Álvarez (INSTEL) e Blanca Paramós (AUROIN) adicáronlle unhas palabras aos seus compañeiros, e Bernardo Fernández (PPFM) e Andrea Rivera (IMPGRAF) fixeron o propio cos seus. Ámbolos dous discursos foron do máis emocionante.

Unha vez rematados os actos no teatro, os alumnos e os seus profesores fixeron a correspondente foto de grupo na entrada principal. Tendes toda a reportaxe fotográfica a continuación.

¡Parabéns para todos!

 

nuria

Author: nuria

Share This Post On