O pasado 27 de xuño de 2024, o Colexio Hogar Afundación celebrou con gran orgullo e emoción o acto de gradación da promoción do 2024.
A apertura do acto estivo marcada pola proxección dun vídeo-resumen que recompilaba algúns dos mellores momentos vividos durante o curso escolar. Este emotivo inicio permitiu a todos os presentes rememorar as experiencias compartidas.
O director do Colexio Hogar, José Rodríguez Míguez, ofreceu unhas cálidas palabras de benvida, destacando o esforzo e a dedicación dos estudantes, así como o apoio incondicional das familias e o persoal docente.
Seguidamente, os representantes do alumnado, Jorge Cambra Penabella de 2º IMPRGRAF e Anabel Domínguez Álvarez de 2º PREDIX, ambos os participantes no programa Erasmus, compartiron as súas experiencias e agradecementos nun emotivo discurso que ecoou profundamente entre todos os asistentes.
Sergio de Frutos Parra, director xeral de Ferri Systems, tamén tomou a palabra para ofrecer unhas reflexións sobre a importancia da formación e da actitude e o papel fundamental que xogan as empresas colaboradoras no desenvolvemento profesional dos estudantes.
Carlota Sánchez-Montaña Puga, coordinadora adxunta de Educación de Afundación, dirixiu unhas inspiradoras palabras aos graduados, subliñando a importancia de continuar perseguindo os seus soños e obxectivos con determinación e paixón.
Un dos momentos máis esperados foi a entrega de diplomas. Os titores dos diferentes cursos chamaron a cada estudante ao escenario para recibir o seu diploma. Os graduados, visiblemente emocionados, subiron ao escenario, recibiron o seu diploma e uníronse para unha foto de grupo que inmortalizó este momento nas súas vidas académicas.
Para concluír, o AMPA convidou a todos os asistentes a compartir un momento de convivencia na sala de xogos, onde se ofreceu un aperitivo. Este espazo permitiu ás familias, docentes e estudantes celebrar xuntos e compartir recordos e anécdotas nun ambiente distendido e alegre.
O acto de gradación do Colexio Hogar Afundación foi, sen dúbida, un evento cheo de emocións, que celebrou non só os logros académicos dos estudantes, senón tamén o esforzo, a dedicación e o espírito de comunidade que caracteriza ao noso colexio. Parabén a todos os nosos graduados e graduadas e desexámoslles moito éxito nos seus futuros proxectos!