A universidade en Alemaña – José Luis Pérez Lustres

Onte, luns 4 de abril, os alumnos de 1º Manele, asitiron a un relatorio para entender como funciona a universidade en Alemaña, é dicir, que fan e como fan as cousas e a relación que teñen co Colegio Hogar.

José Luis Pérez Lustres, doutor en química, profesor da universidade de Santiago e varias universidades de Alemaña, actualmente traballando na universidade de Berlín foi encargado de impartir este relatorio que estructurouse do seguinte xeito:

  • Introdución e presentación do relator.
  • Explicación do traballo realizado (proxectos) polo relator:
    • Traballo con moléculas fotorreceptoras), pulso láser e a súa lectura. Análise do espectro visible ou electromagnético.
    • Produción de hidróxeno para o desenvolvemento dos motores dos automóbiles.
  • Relación do traballo da universidade co traballo que se realiza no Colexio Fogar. Aquí o relator mostra o seu lugar de traballo, é dicir, o seu computador, o laboratorio, os programas empregados e a súa relación cos empregados no Colexio.
  • Preguntas por parte do alumnado.

Agradecemos enormemente a José Luis que compartira connosco o seu coñecemento con este relatorio que segue sumando nas experiencias do Colegio Hogar no ámbito internacional.

 

nuria

Author: nuria

Share This Post On