2ºPREDIX E 2ºIMPGRAF VISITAN CORETI E TÓRCULO

Onte os alumnos de 2º IMPGRAF e 2º PREDIX, acompañados polas profes Nerea e Nuria, puidemos asistir as esperadas visitas técnicas que por mor da COVID non disfrutamos o curso pasado, concretamente ás empresas Coreti (A Coruña) e Tórculo (Santiago).

En Coreti, adicada a etiquetaxe, faláronnos de todo o que respecta ao seu sector: empezando polo taller de preimpresión, seguido polo das máquinas de flexo, offset, serigrafía, as HP Indigo e acabados. Coreti é unha empresa moi premiada polos seus complexos traballos de deseño de etiquetas, e gustounos especialmente unha sala “escura” onde poden percibirse as etiquetas fluorescentes.

Tórculo é otro dos referentes do sector pero adicado neste caso á impresión comercial e editorial. Este ano revolucionou o panorama gráfica ao anunciar que abandoaba o offset para adicarse íntegramente a impresión dixital. Se respiraba moi bo ambiente de traballo entre os compañeiros, en tódalas zonas de producción. Ensináronnos toda clase de maquinaria e explicáronnos paso por paso cal era o seu funcionamento, especialmente a súa máquina Ricoh inkjet rotativa de alta producción.

Ambas as dúas empresas tratáronnos xenial, nos abriron as súas portas e ensináronnos todo canto o tempo permitiu.

Moitísimas grazas!

 

nuria

Author: nuria

Share This Post On