1ºPPFM VISITA NODOSAFER

A empresa Nodosafer atópase situada en Marín (Pontevedra) está centrada no mundo da pedra e a robótica industrial, fabricando maquinaria de última xeración.

A visita comezou coa recepción de 2 traballadores da empresa que nos acompañaron durante a visita divididos en dous grupos de 15 e 14 alumnos respectivamente.

Posteriormente, cada grupo realizou a visita polas diferentes zonas, desde a zona de produción, almacén, oficinas, laboratorio, metroloxía, zona de soldadura, caldeiraría, robótica, etc.

A experiencia foi moi construtiva e enriquecedora coa idea de repetir o ano que vén, xunto coa posibilidade de que alumnos que se atopen residindo na zona de Pontevedra poidan realizar alí as prácticas, xunto con alumnos de AUROIN. Agradecémoslle o moito que nos ensinaron.

 

nuria

Author: nuria

Share This Post On