1º SOCA visita Astilleros Francisco Cardama

O xoves 28 de maio os alumnos de 1º SOCA realizaron unha visita técnica á empresa Astilleros Francisco Cardama situado no porto de Vigo. Devandito estaleiro dedícase á construción e reparación naval de pesqueiros arrastre, palangreiros, remolcadores, mercantes, buques escola, oceanográficos, gánguiles, dragas, oil-recovery, patrulleiras, pontonas, etc., até 100 mtrs eslora.

Persoal técnico, Jorge, e compoñentes de dirección Xocas Cardama, acompañaron aos alumnos ao longo da empresa, describíndolles con detalle todo o proceso construtivo dun barco. Ademais, responderon de forma espectacular a todas as preguntas e inquietudes que sobre o tema tiñan os alumnos.

Moitísimas grazas!

20220428_105007

nuria

Author: nuria

Share This Post On