1º MECANIZADO VISITA WÄRTSILA

Hoxe, os dous grupos do ciclo de Grao Medio de Mecanizado fixeron a súa primeira visita técnica do curso 2022-23 á empresa WÄRTSILÄ.

Wärtsilä é unha empresa situada no Polígono Industrial As Gándaras, no concello de Porriño (Pontevedra), onde se fabrican unha variedade de produtos que cobren toda a liña do eixo de propulsión dun barco:

• Coxinetes antifricción
• Bucinas
• Peches de Bucina
• Chumaceiras de apoio
• Chumaceiras de Empuxe
• Acoplamentos Hidráulicos
• Liñas de Eixo, Temóns, Tobeiras e Túneles

Esta visita encádrase dentro das visitas técnicas programadas polo Departamento de Fabricación Mecánica que teñen por obxecto motivar aos nosos alumnos no estudo do mecanizado, que coñezan de primeira man o mundo do mecanizado, vendo máquinas e procedementos que complementen a formación que están a recibir no colexio.

A visita causou moi boas sensacións no noso alumnado, que puideron ver máquinas e ferramentas mecanizando pezas de grande tamaño, os seus procesos e descubrindo, tamén, a importancia da orde e a limpeza no taller.

Destacamos, un ano mais, a estupenda acollida por parte da empresa, facilitando en todo momento que o noso alumnado puideran moverse libremente polas súas instalacións e preguntar tódalas dúbidas que xurdían a medida que transcorría a visita.

Un ano mais, agradecerlle a todo o Persoal da empresa a súa colaboración para que poidamos organizar este tipo de visitas e nos gustaría seguir contando con Wärtsilä para a realización deste tipo de actividades en futuras promocións.

IMG-20221215-WA0008 IMG20221215094817

nuria

Author: nuria

Share This Post On