Onte Aida Alonso, ilustradora viguesa, amosounos os increíbles traballos que fai “debuxando” con tesoiras, entre outros instrumentos de traballo. Ilustracións cheas de imaxinación e vida que nos amosan mundos secretos que as verbas non poden explicar. Despois do seu paso por diferentes técnicas artísticas, Aida atopou a súa pasión no papel, material que transforma principalmente coas tesoiras e que lle da a posibilidade de acadar resultados máis satisfactorios á hora de plasmar un mundo no que todo o que imaxine pode convertirse nunha realidade.
Gañadora de varios premios nacionais e colaboradora en varios proxectos internacionais, acaba de presentar, xunto ó autor do texto, Mauel Darriba, o libro “Pedro, piloto de gaivotas”.
Moitas Grazas Aida por amosarnos o teu mundo íntimo e por facer do de todos nós un máis fermoso e cheo de cor.