Hoxe visitounos Salvador Moreira, da empresa IBERCISA, empresa tecnolóxica situada en Vigo que deseña e fabrica maquinaria naval para todo tipo de buques: maquinaria de amarre y fondeo, maquinillas de pesca, de remolque, oceanográficas, sistemas de amarre para plataformas e varadoiros.
Salvador é un Antigo Alumno do ciclo de Grao Superior de Produción Por Mecanizado (PPM) e leva traballando nesta empresa dende que rematou o ciclo, desempeñando, dende entón, varios traballos dentro de Departamento de Calidade desta empresa e mais recentemente, no pertencendo ao Departamento de atención ao cliente.
Salva fixo unha primeira presentación dos diferentes equipos que fabrican en IBERCISA, para despois centrarse no seguimento de produto que fan dende o departamento de control de calidade para que os seus equipos conten coa aprobación dos seus clientes.
Salva tamén amosoulle ós alumnos, diferentes non conformidades que se atopou na súa empresa, explicándomos as consecuencias que tiveron no proceso produtivo. Se dúbida, unha demostración práctica da importancia da labor do Técnico en Control de Calidade nas empresas.
Unha vez mais, Grazas a IBERCISA por colaborar co noso centro na formación do nos alumnado e a Salva por compartir toda a súa experiencia cos alumnos de Grao Medio de Mecanizado e do ciclo de Grao Superior de Programación da Produción en Fabricación Mecánica.