2ºAUROIN VISITA BENTELER

Hoxe, 21 de decembro, o alumnado de segundo de automatización e robótica industrial estivemos a visitar as instalacións da empresa Benteler Automotive, empresa multinacional de orixe alemán situada no polígono industrial de Valladares. Dedicada maioritariamente á fabricación de produtos de chasis e de estruturas.

Nesta visita puidemos ver todo o proceso de fabricación desde, a entrada de material até o control de calidade, pasando polo estampado en quente, corte por laser, soldadura automatizada e pintado.

Moitas grazas por recibirnos!

 

PHOTO-2022-12-21-13-56-58

nuria

Author: nuria

Compartir