Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Xornada de Autoliderado e Marca Persoal

O próximo 12 de decembro de 15:30 h. a 21:30 h., no auditorio do Colegio Hogar, acolleremos a “Xornada de Autoliderado e Marca Persoal” promovida pola Deputación de Pontevedra: https://www.depo.es/escola-de-igualdade-maria-vinyals/xornada-autoliderado-e-marca-persoal

O autoliderado e a marcar persoal é sinónimo de crecemento no século XXI e son moi necesarios tanto na vida diaria como na vida familiar, empresarial e social. Preténdese dar formación práctica enfocada ao desenvolvemento das persoas; traballar con elas para que sexan conscientes de que poden chegar a liderarse a si mesmas e, a partir de aí, liderar as demais persoas.

A xornada, de 6 horas, irá acompañada de información proxectada e dinámicas de reflexión para aprender e gozar dun modo máis ameno e inspirador. “Sentir” a teoría proposta permítenos pensar, sentir e experimentar dun modo máis eficaz.

O desenvolvemento desta xornada correrá a cargo de Yolanda Fortes, consultora de Formación Multidisciplinar ca proposta de “Autoliderado: desafiando as túas barreiras”, así como con Paula Fernández-Ochoa, consultora e docente en Márketing Xurídico, Desenvolvemento de Negocio e Marca Persoal & Corporativa, para “Marca persoal: ponte en valor e faite visible”.

Podes facer a inscrición, gratuita, a través do seguinte enlace: https://www.depo.es/escola-de-igualdade-maria-vinyals/xornada-autoliderado-e-marca-persoal/formulario

A data límite de inscrición e o luns 11.

pepe

Author: pepe

Compartir