XIII SETEC – Gases de soldeo para a industria 4.0

O relatorio sobre “GASES DE SOLDEO PARA A INDUSTRIA 4.0” correu a cargo de Sergio Iglesias, que forma parte do persoal técnico de CARBUROS METÁLICOS. Durante o relatorio explicouse de forma brillante
a importancia dunha boa selección do gas de protección en soldaduras de responsabilidade; tanto para aceiro ao carbono, inoxidable ou aluminio. O relatorio tivo unha parte teórica e outra practica no taller, onde Sergio Iglesias con gran dominio da técnica de soldeo demostrou de forma empírica o explicado na aula.

A charla foi valorada como moi excelente polos alumnos de 2º de Soldadura e Caldeiraría.

nuria

Author: nuria

Compartir