XIII SETEC – Deseño dun troquel progresivo

Onte tivemos a sorte de contar na nosa SETEC coa presenza do AA.AA. David Cotilla, da empresa ANTOBAL, empresa dedicada ao mecanizado, fabricación de útiles e estampación desde 1988.
Desde que saíu do colexio no ano 2006 estivo vinculado sempre no sector do mecanizado e, especialmente, no deseño de útiles e no deseño de troqueles. Hoxe quixo compartir toda a súa experiencia cos alumnos de PPFM a quen lles explicou dunha forma sinxela e amena, todo o proceso de deseño dun troquel progresivo.
En palabras dos propios alumnos de PPFM: ?Foi xenial poder ver un traballo tan bonito e poder ampliar os nosos coñecementos con alguén tan especializado?.
Grazas a ANTOBAL e a David pola vosa colaboración nesta XIII SETEC e esperamos contar convosco en próximas edicións.

nuria

Author: nuria

Share This Post On