Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

XIII SETEC – Clausura

O pasado venres tivemos o peche desta edición da Semana Técnica no teatro do Colegio Hogar. Unha edición que se caracterizou pola gran cantidade de ponencias e pola calidade das mesmas.
Os alumnos dos segundos cursos das diferentes especialidades do centro, asistiron ao acto de clausura no que puideron desfrutar dunha interesantísima ponencia sobre o futuro profesional ao que nos enfrentamos da man de Dona Carlota Sánchez-Montaña, Coordinadora Adxunta de Educación de Afundación.
Seguidamente Don José Rodríguez Míguez, director do centro, repasou cada unha das actividades desenvolvidas nesta semana e deu por finalizada esta proveitosa semana, emplazándonos para a do ano venideiro.
Noraboa a todos polo gran traballo e mil grazas a tódalas empresas e colaboradores por ensinarnos tanto.

nuria

Author: nuria

Share This Post On