Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Xa falta pouco. XII SETEC.

Xa está aquí. Un ano mais estamos a preparar a XII SETEC, e este ano queremos que sexa algo especial, xa que o noso centro cumpre 70 anos dedicado á formación da xuventude da contorna da cidade de Vigo.

Na vindeira semana, do 11 ao 15 de febreiro,  no Colegio Hogar Afundación terán lugar diferentes relatorios, exposicións e demostracións, levadas a cabo por recoñecidas empresas e grandes profesionais do ámbito industrial.

Ao igual que nas edicións anteriores, o obxectivo da XII SETEC segue sendo acercar a realidade do mundo da empresa aos alumnos de 2º curso dos ciclos de Grao Medio e Grao Superior, ao tempo que se lles ofrece unha formación técnica complementaria á curricular, que lles poida servir para a súa vida profesional e para unha mellor inserción laboral.

Co lema desta edición “A escola de camiño á empresa”, queremos resaltar o importante que é a relación entre a escola e a empresa no proceso formativo do alumnado que proximamente se incorporará ao mercado laboral. Para elo contamos coa colaboración de diversas empresas e profesionais altamente cualificados que, dun xeito totalmente desinteresado, transmitiranlle aos nosos alumnos os seus coñecementos e as súas experiencias.

Uns 240 alumnos poderán acceder aos relatorios e demostracións que versarán sobre a utilización das últimas tecnoloxías no ámbito industrial, a prevención de riscos laborais, as técnicas de búsqueda de emprego, ou saber como enfrontarse a unha entrevista de traballo. Tamén se abordarán temas específicos relacionados con cada unha das familias profesionais impartidas no centro: visión artificial, comunicacións industriais, robótica, novas estratexias no mecanizado, o último en ferramentas de corte para o mecanizado, aplicacións do láser ás industrias de fabricación mecánica, soldaduras, iluminación LED, ao deseño gráfico, etc.

Este ano volveremos a contar cunha exposición permanente de robots industriais durante dous días seguidos. Neste tempo, haberá demostracións e relatorios relacionados coa robótica que achegarán aínda mais aos nosos alumnos a estas tecnoloxías que tanta demanda teñen hoxe en día.

Esta semana técnica contará con un total de 64 actividades entre relatorios, visitas e demostracións. Para levar a cabo todo isto, contamos coa colaboración de unhas 70 entidades, do mundo empresarial, tanto de dentro, como de fora de Galicia. A todas elas, así como a todas as empresas que colaboran co centro para realizar a Formación en Centros de Traballo (FCT), lles queremos amosar o noso agradecemento, pola súa desinteresada participación, na preparación dos futuros profesionais que acollerá a nosa cidade proximamente.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir