Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Visita Técnica. HERGOME

Os alumnos do Ciclo de Grao Medio de Mecanizado realizamos unha Visita Técnica á empresa HERGOME S.L., onde puidemos coñecer distintos procesos de mecanizado.

HERGOME S.L. é un taller especializado no mecanizado de ferramentas, moldes, prototipos e modelos para a industria en xeral. A súa produción céntrase en dúas seccións: o mecanizado de metais (construción de equipos e maquinaria, prototipos, ferramentas e reparacións); e o mecanizado de plásticos, resinas de alta e baixa densidade, poliuretano, polietileno, madeira (para o mecanizado de esculturas, maquetas, modelos, embalaxes, etc.).

Nesta visita técnica puidemos comprobar como materiais diferentes teñen distintos comportamentos á hora de mecanizalos, acorde cos seus características, xa sexa mediante o mecanizado tradicional ou mediante a utilización de robot para mecanizar materiais con características específicas.

Queremos agradecer a acollida e a proximidade coa que nos trataron en todo momento na empresa.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir